Saltar ao contido

O Labrego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Labrego

Tipoxornal Editar o valor en Wikidata
Publicación
Lugar publicaciónLugo Editar o valor en Wikidata
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo8 de xaneiro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Remate1893 Editar o valor en Wikidata
Data de creación8 de xaneiro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Contacto
RedesGaliciana: 6453
Wikidata ]

O Labrego foi un periódico editado en Lugo entre 1891 e 1893.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Somanario d'intreses rexionales e literatura, apareceu o 8 de xaneiro de 1891. Foi o continuador de A Monteira.[1][2] Era unha publicación semanal, escrita enteiramente en galego, de intereses rexionais e literatura. Interrompeu a súa publicación a principios de febreiro,[3] pero volveu aparecer en marzo. Entre os seus colaboradores figuraron Alberto García Ferreiro, Enrique Labarta Pose, Juan Barcia Caballero e Benito Losada Astray.[4] Desapareceu en 1893.

Nos prólogos á edición facsimilar d'A Monteira (Xunta de Galicia, 1989), Xesús Alonso Montero escribe:

"Lástima que nesta ocasión non se poida ofrecer, en apéndice, 'O Labrego', semanario lugués de 1891 que foi a continuación da 'Monteira'. Os números publicados ¿ubi sunt?"
  1. El Eco de Galicia, 7-1-1891, p. 2.
  2. El Lucense, 9-1-1891, p. 3.
  3. El Eco de Galicia, 10-2-1891, p. 3.
  4. La Monarquía, 6-3-1891, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]