Ombreiro
Ombreiro | |
---|---|
cingulum membri superioris ![]() | |
![]() | |
Instancia de | clase de entidade anatómica ![]() |
Subclase de | subdivision of pectoral girdle (en) ![]() ![]() |
Parte de | membro superior ![]() |
Conéctase con | Cintura escapular e pescozo ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
Identificadores | |
MeSH | D012782 ![]() |
Thesaurus do NCI | C25203 ![]() |
WordLift | data.medicalrecords.com… ![]() |
Terminologia Anatomica 98 | A01.1.00.020 |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

O ombreiro ou ombro é a articulación complexa entre o brazo (ou membro superior) e a cintura escapular, ou sexa, a estrutura do tórax dos vertebrados constituída pola clavícula e pola escápula.
Porén, o ombro está formado por catro articulacións separadas e por un complexo de músculos.
Articulacións
[editar | editar a fonte]As articulacións son:
- a articulación glenoumeral, que consiste no encaixe da “cabeza” do úmero na cavidade glenoide da omoplata;
- a articulación acromioclavicular, que liga a clavícula á apófise acromial da escápula;
- a articulación esternoclavicular, entre a clavícula e o esterno; e
- as ligazóns da escápula cos músculos da columna torácica e cervical
Músculos
[editar | editar a fonte]Os músculos que fan mover o brazo son:
- o pectoral, que empurra o brazo cara a adiante;
- o músculo trapecio, que eleva o ombro;
- o deltoide, nas costas, que empurra o brazo en dirección posterior; e
- o grande dorsal, que empurra o brazo para baixo.
Na ligazón entre o ombro e o pescozo, existe un espazo triangular entre os músculos pectoral e o deltoide, con base na clavícula – a “saboneteira” – por onde pasa a vea cefálica para se xuntar coa vea axilar.
O deltoide, cubrindo a cabeza do úmero, cun conxunto de músculos menores, e que forman a proeminencia do ombro e impiden que esta articulación se desloque (luxación).
O pectoral forma a parte anterior da axila, mentres que a posterior está formada polos músculos grande dorsal e “teres major” ou redondo maior. Os vasos sanguíneos axilares e o plexo braquial atravesa esta rexión.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O ombro esquerdo, as articulacións acromioclaviculares e os ligamentos da escápula.
-
Ombro feminino
-
Músculos do ombreiro
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ombreiro ![]() |