Tonelada
Tonelada | |
---|---|
Instancia de | unidade de masa, unidade aceptada polo SI, unidade derivada UCUM e unidade non incluída no SI pero mencionada e aceptada ![]() |
Subclase de | milhar (pt) ![]() ![]() |
Semellante a | megagram (en) ![]() ![]() |
Magnitude física | masa ![]() |
Conversión a SI | 1.000 kg ![]() |
Conversión a unidade estándar | 1.000 kg, 2.204,623 lb, 35.273,96 ℥, 157,473 st, 1.000.000 g, 5.000.000 ct, 1.000.000.000 mg, 1.000.000.000.000 μg, 0,9842065 UK t, 1,102311 tn. sh., 22,04623 cwt, 19,68413 cwt, 2.679,229 t lb, 32.150,75 oz t, 643.014,9 dwt e 15.432.360 gr ![]() |
Descrito pola fonte
| |
Composto por
| |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |

A tonelada (t) ou megagramo (Mg) é unha unidade de masa do sistema métrico decimal e do Sistema Internacional de Unidades. O seu nome deriva de tonel, que provén do diminutivo do francés antigo tonne, tonel grande.
Sistema internacional
[editar | editar a fonte]A tonelada métrica é o terceiro múltiplo do quilogramo e o sexto do gramo. Tamén se chama megagramo.
Múltiplos e submúltiplos
[editar | editar a fonte]Múltiplo | Nome | Símbolo | Múltiplo | Nome | Símbolo | |
---|---|---|---|---|---|---|
100 | gramo | g | ||||
101 | decagramo | dag | 10−1 | decigramo | dg | |
102 | hectogramo | hg | 10−2 | centigramo | cg | |
103 | quilogramo | kg | 10−3 | miligramo | mg | |
106 | tonelada/megagramo | t/Mg | 10−6 | microgramo | µg | |
109 | xigagramo | Gg | 10−9 | nanogramo | ng | |
1012 | teragramo | Tg | 10−12 | picogramo | pg | |
1015 | petagramo | Pg | 10−15 | femtogramo | fg | |
1018 | exagramo | Eg | 10−18 | attogramo | ag | |
1021 | zettagramo | Zg | 10−21 | zeptogramo | zg | |
1024 | yottagramo | Yg | 10−24 | yoctogramo | yg |
Outras toneladas
[editar | editar a fonte]Na náutica española, a tonelada era unha medida de capacidade igual a oito cóbados de ribeira cúbicos; é dicir, 0,1891 m³, ou 189,11 L.
Tamén se empregaba a tonelada de arqueo (ou tonelada Moorsom),[1] para medir a cabida dunha embarcación, e que equivalía a 2,83 m³.
En países anglosaxóns usáronse historicamente dúas medidas alternativas de tonelada, chamadas short ton ou tonelada curta e long ton ou tonelada longa. Nos Estados Unidos úsase oficialmente a tonelada curta[2] e noutros territorios como o Reino Unido, Belize ou no Canadá empréganse ás veces ambas medidas, pero só é oficial o Sistema Internacional de Unidades.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "tonelada Moorson". Diccionario Náutico (en castelán). 2024-07-18. Consultado o 2025-01-15.
- ↑ "The Social Life of Measures Metrication in the United States and Mexico, 1789–2004 - ProQuest". www.proquest.com (en inglés). Consultado o 2025-01-15.