Tonelada curta
Tonelada curta | |
---|---|
Instancia de | unidade de masa e unidade derivada UCUM ![]() |
Magnitude física | masa ![]() |
Conversión a SI | 907,18474 kg ![]() |
Conversión a unidade estándar | 907,1847 kg, 2.000 lb, 32.000 ℥, 142,8571 st, 0,9071847 t, 907.184,7 g, 4.535.924 ct, 907.184.700 mg, 907.184.700.000 μg, 0,8928572 UK t, 20 cwt, 17,85714 cwt, 2.430,556 t lb, 29.166,67 oz t, 583.333,3 dwt e 14.000.000 gr ![]() |
[ Wikidata ] |

A tonelada curta (tradución literal do inglés short ton) é unha unidade de masa que equivale a 2000 libras (uns 907,185 quilogramos).[1]
Debido a que esta é a medida dominante nos Estados Unidos, nese país adóitase chamar simplemente ton,[1] sen distinguilo da tonelada métrica (chamada tonne ou metric tonne nos EUA) ou da tonelada longa (long ton) británica, que equivale a 2240 libras (1016 kg). Porén, as palabras inglesas ton e tonne pronúncianse de xeito idéntico na lingua inglesa, o que implica que obviamente poden provocar confusión.
Non obstante, hai algúns ambientes estadounidenses específicos, como ocorre no caso dos buques da Armada (US Navy), nos que a palabra ton a secas fai referencia á tradicional medida británica. Respecto diso, a Oficina de Estatísticas de Transporte dos Estados Unidos (United States Bureau of Transportation Statistics) mencionou que
"historicamente, un patrón moi importante de carga para os veleiros europeos era o viño, almacenado e enviado en barrís ou toneis chamados botes. Estas barricas de viño, polo seu tamaño uniforme e a súa demanda universal, convertéronse nun estándar polo que se podía medir a capacidade dun buque."
Un "bote" de viño pesaba aproximadamente 2240 libras e ocupaba case 60 pés cúbicos.[2][3] Así mesmo, esta mesma fonte do Goberno federal estadounidense engade que:
"Hoxe, o estándar de peso para os deseñadores de barcos é a tonelada longa, que equivale a 2240 libras".
Tanto a tonelada curta como a longa defínense como equivalentes a 20 quintais, pero un quintal é igual a 100 libras (uns 45,359 quilogramos) no sistema actual de medidas dos Estados Unidos (quintal curto ou neto) e 112 libras (50,802 kg) no Sistema Anglosaxón de Unidades (quintal longo, long hundredweight ou gross hundredweight). [1]
Como no Reino Unido a tonelada curta (short ton) é unha unidade de masa pouco usada, a palabra ton a secas refírese case sempre a unha tonelada longa británica (cun peso de 1016 kg), mentres que as toneladas métricas distínguense pola súa ortografía tonne, alén de que a súa pronuncia é exactamente a mesma. Polo tanto, estas últimas acostuman ser denominadas formalmente como metric ton.
Pola súa banda, unha "tonelada curta de forza" equivale a 2000 lb f .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "NIST Handbook 44 Specifications: Handbook 44 – 2013 Appendix C" (PDF). nist.gov; General Tables of Units of Measurement (en inglés). 26 d'abril de 2006.
20 hundredweights = 1 ton
- ↑ United States Bureau of Transportation Statistics (ed.). "narmain". ntl.bts.gov.
- ↑ Muckle, W. (1987). Muckle's naval architecture (2nd ed. / revised and updated by D.A. Taylor. ed.). London, Boston: Butterworths. ISBN 978-0-408-00334-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |