Xullo
<< | Xullo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 | ||||||
2023 Todos os días |
Xullo é o sétimo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome provén do emperador romano Xulio César (Iulius Caesar, en latín). En galego tamén recibe o nome de mes de Santiago, por celebrarse neste mes o día do Apóstolo, e mes da sega, por ser cando se realizaba este labor.
O primeiro sábado de xullo celébrase o Día Internacional das Cooperativas [1].
Acontecementos[editar | editar a fonte]
- O 4 de xullo celébrase a Independencia dos Estados Unidos de América.
- O 9 de xullo celébrase a Independencia da Arxentina.
- O 14 de xullo celébrase en Francia o Aniversario da Toma da Bastilla.
- O 20 de xullo celébrase a Independencia de Colombia.
- O 25 de xullo celébrase o día de Santiago Apóstolo, patrón de Galicia (polo que se denomina día de Galicia ou día da Patria) e España
- O 28 de xullo celébrase a Independencia do Perú.
Xullo na cultura popular galega[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Xullo na cultura popular galega.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xullo |