Bulma
Bulma | |
---|---|
![]() | |
Tipo | personaxe humano de ficción, personaxe de anime, personaxe de manga e personaxe cinematográfico ![]() |
Obra | |
Universo ficticio | universo de Dragon Ball ![]() |
Franquía | Dragon Ball ![]() |
Creador/a | Akira Toriyama ![]() |
Interpretado por | Emmy Rossum ![]() |
Actor/a de dobraxe | Hiromi Tsuru, Aya Hisakawa (pt) ![]() ![]() |
Biografía | |
Sexo | muller ![]() |
Cor do pelo | cabelo púrpura e cabelo ciano ![]() |
Cor dos ollos | ciano e azul ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aviador, inventor e mecánico ![]() |
Residencia | Kame House ![]() |
Membro de
| |
Familia | |
Nai | Bikini (en) ![]() ![]() |
Pai | Dr. Brief (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Vexeta ![]() |
Parella | Yamcha ![]() |
Irmá/n | Tights (en) ![]() ![]() |
Fillo/a | Toranks do futuro, Toranks e Bra ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Bulma (ブルマ Buruma?) é un personaxe da serie de manga e anime Dragon Ball. É unha rapaza que inicia a busca das Bólas do Dragón no primeiro capítulo da serie xa que desexa atopar un mozo. O seu nome provén dunha deformación do inglés Bloomers (ブルマー burūmā?, braga). É a representación do personaxe Xuanzang da lenda chinesa Viaxe ó Oeste.
Ana Lemos ponlle voz na dobraxe galega da serie.
Características
[editar | editar a fonte]Bulma é o primeiro personaxe de Dragon Ball co que ten contacto Son Goku na súa procura das sete Bólas do Dragón para pedir un desexo. A súa aparencia é a dunha rapaza con cabelo celeste (cor lila no manga), que ó comezo da serie ten 16 anos, é filla do Doutor Brief, un científico de sona mundial fundador da Capsule Corporation e creador das famosas cápsulas Hoi-Poi. Vai na procura das bólas do dragón provista de todo tipo de vehículos e aparellos tecnolóxicos sumamente útiles. Aínda que carece de habilidade para a loita, a súa intelixencia é moi superior a dun ser humano normal, sendo ela a creadora de moitos inventos, como por exemplo o Radar que indica con precisión, a localización das bólas do dragón.