C-16
C-16 | |
---|---|
![]() | |
Tipo | humanoide de ficción, androide ficticio, personaxe de manga e personaxe de anime ![]() |
Obra | |
Presente na obra
| |
Universo ficticio | universo de Dragon Ball ![]() |
Franquía | Dragon Ball ![]() |
Creador/a | Doutor Guero ![]() |
Biografía | |
Sexo | home ![]() |
Inimigo/a | Célula (Dragon Ball) ![]() |
Familia | |
Nai | sen valor ![]() |
Pai | sen valor ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
C-16 (人造人間16号 Jinzō'ningen Jūrokugō?) é un personaxe do anime e manga Dragon Ball. Foi o último androide que o Doutor Guero creou. Por unha misteriosa razón tiña unha natureza amábel. Como non quería facer dano á xente, o Doutor Guero considerouno un produto defectuoso e sacouno de circulación. Foi activado por C-17 e C-18, que mataran ó Doutor Guero.
Era un xigante tranquilo de poucas palabras, mantívose á marxe dos combates de C-17 e C-18, porque o seu único obxectivo era Son Goku. Amaba a natureza que o rodeaba, e a súa maior paixón era escoitar o canto dos paxaros.
Pero cando descubriu a ameaza de Célula, interveu para impedir a absorción de C-17 por parte de Célula, deixando abraiados ós androides 17 e 18 (e a Ten Shin Han que estaba vendo o combate) xa que demostrou ter unha forza superior ó resto dos androides. O combate estaba algo igualado, pero cando C-16 comezaba a ter vantaxe, nun descoido, o C-17 foi asimilado por Célula, aumentado terriblemente o seu poder, e derrotando dun só golpe ó C-16.
Foi reparado na Capsule Corp polo pai de Bulma, o Doutor Brief, onde lle quitaron a perigosa bomba do seu corpo. Participou nos Xogos de Célula, onde intentou auto-destruírse, pero ó non ter a bomba, non puido e foi destruído por Célula. No seu derradeiro alento díxolle a Son Gohanda que salvara a natureza. Célula destrúeo por completo, sendo iso o motivo que permitiu a Son Gohanda chegar ó estado de Súper Guerreiro 2, e derrotar a Célula.