C-19
C-19 | |
---|---|
Tipo | androide ficticio, personaxe de manga e personaxe de anime ![]() |
Obra | |
Presente na obra
| |
Actor/a de dobraxe | Yukitoshi Hori (pt) ![]() ![]() |
Biografía | |
Sexo | home ![]() |
[ Wikidata ] |
C-19 (人造人間 19号 Jinzō'ningen Jū-kyū gō?) é un personaxe do manga e anime Dragon Ball. Foi creado polo Doutor Guero para acabar principalmente con Son Goku. A chegada dos Guerreiros Z non lle supuxo un problema xa que derrotou a Goku con relativa facilidade, xa que este sufrira dunha doenza cardíaca.
Cando Goku sufriu a enfermidade da que lle avisou o Toranks do futuro e quedou fóra de combate, apareceu Vexeta transformado en Super Guerreiro. C-19 pediulle ó Doutor Guero enfrontarse a este.
Durante a batalla Vexeta deixouse agarrar para saber por onde absorbían a enerxía, cando descubriu que a absorbía pola palma da man, arrincoullas e esmagounas co pé. Cheo de desesperación, C-19 intentou fuxir, pero unha bóla de enerxía de Vexeta destruíuno finalmente.
En Dragon Ball GT logra fuxir do inferno xunto a outros, e aparece destruíndo unha cidade. Son Goten e Toranks destrúeno de novo coa mesma enerxía coa que o derrotou Vexeta, sendo enviado de novo ó inferno.